Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

8/10/11

At. Oleiros 1-0 Silleda

O Silleda non puido lograr os tres puntos a pesar do seu asedio constante cara a portería contraria.
O Silleda saiu derotado da súa visita ó campo do At. Oleiros por un resultado de 1-0. Quizais non se merecera tan mala sorte, xa que foi quen tivo todo o perigo durante todo o partido, pero por culpa de que hoxe o balón non quería entrar, e porque o campo non axudaba moito a mover o coiro como acostuman a facer os de "Loco" os locais leváronse os 3 puntos dun terreo de xogo que o coñecen ás perfeccións. No primeiro tempo os visitantes tentaban chegar á area con perigro e os locais xogaban a defenderse dos ataques e saír á contra, pero ningún dos dous equipos lograba construír xogadas de moito perigro, a ocasión máis clara foi un tiro dende o medio campo de Gordo que petou no travesaño, e co resultado inicial chegouse ó descanso. Xa na segunda metade os dezanos seguian buscando a portería rival, pero non habia maneira de que conseguise mandar o esférico ó fondo das mallas.Chegamos entonces ó momento clave do partido, sobre a metade da segunda metade o Silleda realiza unha contra que acaba Manolo, pero atalla o porteiro local, e na xogada seguinte lograría marcar o único gol do partido o Oleiros. Os locais topáronse cun resultado que nin eles mismos creian, e apartir dese momento fóronse á defensiva para tentar manter o resultado ante as envestidas do equipo visitante. Ó final os locais conseguiron os tres puntos e deixou ó Silleda sin puntuar por segunda xornada consecutiva fora da casa.

O Silleda formou con: Luis; Tinín - (Iván), Grava, Gordo - (Richi), Dalo; Nogueira, Damián, López, Vilas, Cañas; Manolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario