O Silleda logra a súa primeira victoria a domicilio.O Silleda goleou ó Bodegón Arzua no campo das Cancelas por un resultado de 2-7. Os visitantes non tiveron moitas dificultades para facerse con 3 puntos moi valiosos contra un rival moi frouxo, sobre todo na liña defensiva. O partido comezou moi igualado pero a medida que pasaban os minutos, os visitantes íanse acercando cada vez con máis perigro á meta rival ata que mediada a primeira metade, tras un fallo clamoroso do porteiro local, que lle deu unha patada ao aire e lle deixou o balón a Manolo contra a portería, chegaría o primeiro tanto do partido. Richi lograría subir o 2º ó marcador poucos minutos despóis tras un lanzamento lateral que tragou outra vez o porteiro. Con éste resultado (0-2) chegaríase ó descanso, no cal se produciría un troco, entrou Alan no sitio de López. No segundo tempo produciríase un verdadeiro festival de goles e ocasións. Manolo lograría o seu segundo tanto da noite cun potente zurdazo que cruzou ante o porteiro e Richi tamén faría doblete a porta vacía grazas a un pase de Manolo. A goleada completaríana Alan por partida doble e Damián. Os locais conseguirían marcar 2 goles da honra, e perderon de meter outro si non fora porque Lucho lles parou un penalti.
O Silleda formou con: Luis; Orrea (Tinín), Vilas, Gordo (Igor), Grava; López (Alan), Damián, Manolo (Iván), Cañas (Willi), Nogueira, Richi
No hay comentarios:
Publicar un comentario