Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

17/10/11

Entrevista a Lucho

1. Canto tempo levas no Silleda?
Con esta vai cumprirse a miña 3ª campaña aquí, cheguei como xuvenil de primeiro ano na temporada 2009/10, e agora na 2011/12 afronto o último ano de xuvenís.
2. Por que viñeches para o Silleda?
Pois foi un tema complicado, eu non estaba contento co meu clube de procedencia, asique falando con meu pai saíu a posibilidade de recalar aquí, xa que en infantís xa militara un ano na SD Silleda e estabamos moi contentos. Despois, co tema da ficha tamén chamaron continuamente a Santiago e se moveron moito para conseguir a baixa, e por iso escollemos Silleda para iniciar un novo ciclo.
3. En que posición soles xogar?
A portería é a miña habitual e única posición.
4. Recomendarías o Silleda para xogar nel? Por que?
Si que o recomendo, o ambiente é moi bo, a xente adoita ser comprensiva con un, sempre se dán solucións ós problemas que se poidan dar durante o ano, os equipos son todos unha piña na que non é nada complicado entrar e o nivel futbolístico, polo menos en xuvenís, non está nada mal.
5. Como valoras o equipo deste ano?
Temos un bloque moi consolidado xa, con xogadores de todos os perfís e en xeral temos un once moi compensado xogue quen xogue, sempre mantendo esa variedade de perfís que comentaba antes.
Sen embargo precísase un pouco máis de convencemento para acadar os resultados do ano pasado, que creo que é o obxectivo que todo o mundo persegue no vestiario, e cabe destacar que temos unha importante marxe de mellora, pero supoño que co paso dos partidos daremos coa peza que nos vai catapultar dunha vez á zona nobre da táboa.
6. Que ambiente hai no vestuario?
Diversión creo que é a palabra clave. Sempre hai bromas con calquera e temos todos unha moi boa relación. Neste aspecto creo que temos o mellor plantel de toda a liga sen lugar a dúbida.
7. Que tal cos xuvenís de primeiro ano?
No plano persoal todos se integraron moi ben no grupo, pero como xa dicía antes, non é complicado. Tamén creo que co paso do tempo collerán moita máis confianza co resto da que xa hai.
En canto ao que toca ao futbolístico, creo que todos son xogadores importantes que nos poden aportar moito cando estén sobre o campo, pero de momento fai falla coller o pulso da competición a base de partidos, e de aquí a metade de temporada notaráse moito a tranquilidade coa que se salta ao campo unha vez que se está seguro de si mesmo.
8. Que opinas dos adestramentos?
Adoitan ter moito balón, pero sen renunciar á preparación física. Creo tamén que están bastante ben plantexados de cara á finalización, que é o que quizais este ano esté un pouco peor, pero tamén opino que deberían atender algo máis ao plano defensivo e táctico, xa que tamén neste par de puntos non estamos ao 100%.
9. Como definirias a forma de xogar que ten o Silleda?
Temos un fútbol moi rápido, e ese debe ser un rasgo característico do noso estilo. De feito xa se están a ver pouco a pouco melloras neste aspecto.
Outro punto forte que debemos ter é a defensa, moi compacta e concentrada, que é o que, baixo o meu punto de vista, nos está a lastrar xunto coa falta de gol neste inicio de temporada. Sen dúbida é un aspecto a mellorar, pero o tempo darános ese punto de tensión esixida para o noso fútbol.
Para desenvolver o fútbol de contra que nos caracteriza, temos que ter unha transición defensa - ataque moi rápida, como sucedía o ano pasado, e sempre hai que finalizar as xogadas.
En definitiva, velocidade, contundencia defensiva e transicións rápidas deben ser as liñas mestras da nosa forma de xogar.
10. Ganaches algun título importante ca camisola do Silleda?
De momento non, só cabe destacar o subcampionato na Copa do Deza Infantil que perdemos nos lanzamentos de penalti, e o tamén subcampionato na Copa do Deza de Afeccionados no ano 2010, así como a fase de ascenso do ano pasado, que foi un premio ao traballo ben feito durante o ano.
11. Tes algún mote no equipo?
"Lucho" é o máis destacado.
12. Un partido que desees xogar
Os derbis sempre son partidos atractivos pola cantidade de xente que se achega ao campo, así como o partido contra o Sporting, que tamén nos motiva a todos, pero por riba de todo ansío xogar de novo a volta da segunda ronda da fase de ascenso.
13. Tiveches algunha lesión? Grave?
Un esguince grave cando era alevín e unha tendinite que aínda me lastra hoxe, pero polo resto nada salientable.
14. A quen lle adicarías un gol?
Pois á moza, a quen se non? Bueno, tamén a calquera familiar ou a alguén que esté pasando malos momentos.
15. Para ti que é o mellor do fútbol? E o peor?
O mellor do fútbol é sentirse realizado co que fas, saber que és unha peza dentro dun equipo e sentirte apreciado polos demais compañeiros. Non me esquezo tampouco dos títulos, gañar un derbi... pero o primeiro creo que é máis importante, e de feito, sempre que se cumplan as primeiras premisas que mencionei, os resultados chegan sós.
O peor quizais sexan os rifirrafes que sempre hai ou os piques entre os mesmos compañeiros. O resto do fútbol é anecdótico. Sen se esquecer tampouco das derrotas e os descensos.
16. Que outros deportes practicas?
Pois xogo ó poker e o levantamento de cervexa, que se me dá moi ben. xD.
17. De que equipo eres?
Do Real Club Celta de Vigo SAD
18. Fai un pronóstico do que cres que fara este ano o Silleda na liga
O meu pronóstico é o de cumplir cos obxectivos, en primeiro lugar clasificarse para a fase de ascenso, que é o principal, e despois xa se verá, pero se traballamos ben, e repítome unha vez máis, os resultados chegarán sós.
19. A donde chegará o Silleda na copa?
Na copa sempre partimos con vantaxe nos enfrontamentos. Este ano aínda máis se cabe, xa que temos moi recente a experiencia do ano pasado, con partidos longos resoltos nas tandas de penaltis. Este ano, o obxectivo é superar os cuartos de final, xa que o ano pasado quedamos ás portas das semifinais e teriamos moi encarrilado o pase á final deixando fóra a un dos "cocos" co que ao final non puidemos.
20. Mirando cara adiante, donde está o teu futuro? No silleda ou noutro equipo?
Aquí coincido con Sergio, o futuro é o futuro e nunca se sabe, pero gustaríame moito continuar moitos anos na SD Silleda.
21. Defínete como xogador
Pois é complicado. xD. Os porteiros sempre somos algo rariños. Como puntos fortes quizais poñería o xogo aéreo, o man a man, e quizais tamén a habilidade baixo paus.
Os puntos nos que preciso mellorar son sen dúbida o xogo de pés e a concentración, que me xoga malas pasadas custándome moito decidir se saír ou non a un balón á espalda da defensa.
22. Por último, mandalle unha mensaxe á aficion
Coma Sergio, tamén me gustaría contar con todos vós no campo, que sempre é máis fácil xogar co respaldo dos seus, que animemos todos e non armemos moita gresca, que non nos convén para nada. Sen máis, pido que veñades a vernos, que con axuda, poderemos disfrutar do bo fútbol e as boas tardes do ano pasado, tanto na casa como nos partidos de fóra.



Próxima entrevista: Manolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario