Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

27/10/11

Entrevista ó pichichi, Manolo

1. Canto tempo levas no Silleda? Con este xa van alá 5 anos
2. Por que viñeches para o Silleda? Porque era o equipo que máis cerca me quedaba da casa a parte de que ali tiña a todos os meus compañeiros.
3. En que posición soles xogar? En 5 anos que xoguei no Silleda , só me queda a posición de porteiro por ocupar, actualmente estou ocupando (dependendo do partido) medio centro, interior ou dianteiro
4. Recomendarías o Silleda para xogar nel? Por que? Por suposto que o recomendo, porque outra cousa nn pero pasalo ben e poñerlle ganas.... eses somos nós
5. Como valoras o quipo deste ano? Pois non sei moi ben como valoralo porque ainda estamos en fase de probas , xa que non tibemos pretenporada.
6. Que ambiente hai no vestuario? O ambiente é bo, sempre con broma e chistes, cando se hai que poñer serios, todos serios e sinón todo e carallada
7. Que tal cos xuvenís de primeiro ano? Pois moi ben con eles, eu entendo que ás veces se queixen porque non xoguen pero hai que animalos porque os demais tamen vivimos eso
8. Que opinas dos adestramentos? Son curtos e pouco imaxinativos, isto significa que o que fai o Silleda A, nós imitámolos xa que o adestrador é xogador do eguipo superior
9. Como definirias a forma de xogar que ten o Silleda? Exclusiva (risas)
10. Ganaches algun título importante ca camisola do Silleda? Ganei unha liga, unhas copas de torneos e quedamos 2 veces subcampeóns da copa do sar
11. Tes algún mote no equipo? Si , o meu mote é "Manolo"
12. Un partido que desees xogar: Desear desexo todos os encontros porque cada partido é un novo reto, pero o partido contra o Lalín e o Sporting poñerémoslle máis ganas porque son os nosos rivais diretos
13. Tiveches algunha lesión? Grave? Grave grave non , pero tiven que estar 3 semanas retirado do campo , vendo como o meu equipo pelexaba sen min (jaja)
14. A quen lle adicarías un gol? Os goles que eu marco van moi repartidos en dedicatorias epro principalmente adícollos a mee abó que recentemente faleceu
15. Para ti que é o mellor do fútbol? E o peor? O mellor e saborear unha victoria que che costou lograr e o peor son as lesións vendo como compañeiros se teñen que operar e deixar unha longa tempada o fútbol
16. Que outros deportes practicas? Calquera deporte, gustanme todos
17. De que equipo eres? Nisto ai moita polemica pero amín gustame o xogo do Barça e gustaríame que algún día o Silleda tocara o balon o 30% do que o tocan eles
18. Fai un pronóstico do que cres que fara este ano o Silleda na liga: Como teño moita confianza no meu equipo eque sei que lle van poñer todas as ganas, o meu pronostico será segundos
19. A donde chegará o Silleda na copa? Este ano tócanos chegar á final
20. Mirando hacia diante, donde está o teu futuro? No silleda ou noutro equipo?Iso só o sabe o fúturo, eu actualmente estou no Silleda e iso é o que sei
21. Defínete como xogador: Isto non son eu quén de dicilo, pero creo que lle poño ganas ó que fago e animo ós meus compañeiros
22. Por último, mándalle unha mensaxe á aficion: Eu creo que a afición xa ten máis que sabido que o Silleda xuvenil é digno de ver xogar porque véndonos aínda se botan unhas risas e se ven cousas fora do nomal, jaja


Próxima entrevista: Orrea

No hay comentarios:

Publicar un comentario