Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

15/10/11

Felicidades Tinín!!!

Martín cumpre 16 anos!!!
Tinín celebra hoxe o seu 16º aniversario mentras xoga o quinto partido de liga contra o Porto do Son, así que de gañar sería o día perfecto para este defensor.
Martín leva arredor de 10 anos no Silleda, e dende sempre, as súas posicions foron as defensivas, tanto de lateral como de central, pero máis regularmente de lateral. Éste xogador caracterízase pola sua solidez defensiva, xa que nunca perde o sitio e sempre está atento a xogadas que poidan ocasionar certo perigo, pero si se ten que sumar ao ataque, faino sen problema ningún. Ten unha personalidade moi calmada, xa que non suele provocar altercados nin participar en liortas, son situacións nas que procura manterse nun segundo plano.
Cabe destacar que pese a ser un xogador que non mantén unha relación moi fluída cos árbitros nin intervén nas accións extradeportivas, xa ten experiencia como capitán, portou o brazalete no cando era de segundo ano en infantiles e tamén cando estaba na súa derradeira tempada en cadetes.




QUE SIGAS CUMPRINDO DE ANO EN ANO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario