Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

1/10/11

Silleda 2-1 Puebla

O Silleda consigueu os tres puntos nos últimos intres despois de remontar un gol en contra na segunda metade.
O partido comezou sen moitas oportunidades e sen moito xogo, pero conforme pasaban os minutos os locais ívanse achegando á porteria rival, pero sin acertar cas mallas, e co resultado inicial chegouse o descanso. No segundo tempo o Silleda tivo algunha ocasión máis que na primeira metade, pero sin envargo sería o Puebla quen se adiantaría no marcador. Pero o Silleda non se virían abaixo e seguirono intentando, pero non acababan de conseguir empatar o partido. Foi entonces cando a falta de 15 minutos Sergio Cañas collería un balon morto na area pequena e o metera na porteria conseguindo a igualada, deste xeito Sergio anota o seu primeiro tanto co equipo xuvenil. O gol lanzou os locais a conseguir a victoria e xusto no último minuto Alan, que minutos antes entrara no campo, controlou un balón dentro da area e conseguiu batir o porteiro visitante.  Con esta victoria o Silleda suma 6 puntos de 9 posibles, grazas as dúas victorias que consigueu na casa.
Neste partido tamén debutou Cristian Iglesias a falta de 10 minutos para que acabara o partido e convertese no 4º xogador que debuta esta tempada na categoria xuvenil despois de Cañas, Camino e Martín Dacosta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario