O Silleda continúa intratable na casa, 4ª victoria.Partido moi disputado o que se veu en Outeiriño a pesar do resultado. O Silleda adiantouse antes do minuto 1, e aí estivo a clave. Erro do porteiro no despexe, que lle deixa a Manolo en bandexa o primeiro tanto,e transformou sen maiores problemas.
Tamén ao pouco de comezar, Richi tivo que ser sustituído por un pinchazo nos isquiotibiais.
Lonxe de virse abaixo, o San Marcos continuou tocando e chegaba con certo perigo nos primeiros compases do partido, pero non tiveron sorte de cara ao gol, e no medio do clímax do San Marcos, atopáronse cun disparo de Grava dende o centro do campo, que se envelenou e entrou na portería do San Marcos sorprendendo ao porteiro, que non iva ter o seu día. 2-0 e case sentenza.
Así se chegou ao descanso, e no segundo período continuou a tónica da primeira metade, moito toque do San Marcos, pero sen sorte de cara a portería, e o Silleda continuou transformando disparos en goles.
Damián, (por partida dobre), sentenciou ós ata a data, segundos clasificados da liga.
O gol da honra chegaría nun penalti, (que todos viron fóra da área menos Crilín, colexiado do partido), detido por Lucho, e cuxo rexeite acabou dentro da portería.
O Silleda formou con: Lucho; Grava, Gordo, Dalo (Tinín), Vilas (Alan); Cañas, López, Damián (Camino), Nogueira; Manolo (Mingucho), Richi (Orrea)
No hay comentarios:
Publicar un comentario