Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

15/10/11

Silleda 6-3 Porto do Son

O Silleda logra a suá 3ª victoria consecutiva na casa

O Silleda logrou vencer por un abultado resultado de 6-3 ao Porto do Son, nun partido desputado ás 16:00h. da tarde, baixo un calor sofocante que fixo que os xogadores tivesen que hidratarse amiudo.
Pero non todo foi coser e cantar, xa que os locais empezarían perdendo, grazas a un gol de falta directa no minuto 2 de encontro, pero os de Álex non se virian abaixo, seguiron a xogar como saben, creando moitas ocasións e así chegaría o primeiro tanto local, transformado por Richi, que se estreaba como goleador nesta campaña. O gol deu moita confianza o Silleda e seguiu atacando ata lograr o segundo, obra de Richi outra vez. Antes do descanso os locais conseguirian meter 2 goles máis, de Manolo e Vilas. Con éste resultado iríanse os equipos ós vestiarios. Na segunda metade Álex fixo 4 cambios, pero o equipo seguia a intentar marcar máis goles, que chegarían por medio de Damián, de falta, e de Mingucho, de penalti. Os visitatnes conseguirían maquillar o resultado final marcando 2 goles, un deles, tamén dende os 11 metros.
Nos minutos finais produciuse unha lamentable tangana entre os xogadores de ambos equipos provocada polo mal perder que tiveron os visitantes, esta liorta saldouse con 3 expulsados, dous visitantes e un por parte do Silleda: Pereiras.


Polo Silleda formaron: Luis; Igor, Pereiras, Grava (Suso), López (Cristian); Damián, Vilas, Alan, Manolo (Tinín); Nogueira (Mingucho), Richi

Neste encontro debutaron os dous xogadores que faltaban por facelo nesta tempada: Igor (90 min), e Suso (45 min). Deste xeito xa lograron desputar algún minuto todos os compoñentes da plantilla excepto Jose Manuel, que está na última fase de recuperación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario