Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

19/11/11

Arzua Juvenil 2-5 Silleda

 O Silleda reencóntrase cá victoria antes do derbi
Gran partido do Silleda en Arzúa. O encontro comezou con dous combinados moi valentes que saíron a buscar ao outro equipo. Nos primeiros compases do choque adiantouse a SD Silleda por medio de Vilas, nunha gran xogada na que se escapou por velocidade e finalizou cun remate cruzado. Logo deste lance, o partido volveu á calma e nunha xogada de pillo, de non Vilas anticipou un centro de Damián dende a dereita e colocou o segundo tanto. O Silleda daba a impresión de xogar só, xa que poucas novas houbo dos locais, a non ser o perigoso dorsal 18, Sergio, que intentouno todo pola súa banda, pero sen éxito.
Xusto despois do segundo tanto, nunha xogada desafortunada para a defensa de Silleda, un disparo dende a frontal bate en Graba e cambia por completo a traxectoria do balón, que se introduce na portería pegadiña ao pau dereito, polo que non puiden chegar.
O partido continuou igual, o Silleda facendo a presión moi arriba e roubando rápido, creándolle serios problemas á zaga rival.
Nun remate de cabeza de Sergio caería o terceiro pouco antes do final do primeiro tempo.
O segundo período comezou co Silleda moi arriba, e nun roubo dentro da área chegaría o cuarto tanto, obra de Damián.
A partires de aí, a desidia marcou o partido, xa que o Arzúa xa ía moi por detrás no marcador e o Silleda non quería asumir riscos desprotexendo a defensa.
Un erro defensivo propiciou a chegada do segundo tanto do Arzúa, pero non foi moi relevante xa que pouco despois, unha pena máxima sobre Damián sería transformada por el mesmo. O Arzúa quedaba con 10 xogadores e tres tantos de desventaxa.
A tranquilidade reinou ata o final do partido, 3 puntos que voan de Arzúa ata Silleda e agora a pensar no derbi do Deza. Fagan as súas apostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario