Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

25/11/11

Chega o derbi

Éste sábado desputarase o tan ansiado derbi entre a E.F.Lalín e a S.D.Silleda no campo de A Golada, xa que o do Lalín atópase ocupado para a hora que está marcado o partido, ás 16:30h da tarde, e no que estan en xogo máis de 3 puntos.


Os dous equipos chegan ó partido en postos de promoción de ascenso e cunha racha positiva.


E.F.Lalín: 2º clasificado a 2 puntos do líder, con 26 goles a favor e 12 en contra
S.D.Silleda: 5º clasificado a 7 puntos do líder, con 31 goles a favor e 18 en contra.

Ademais o Silleda reencontrarase con vellos coñecidos, como Jose Luis, Brais, Luis Calderón e Andrés

No hay comentarios:

Publicar un comentario