Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

6/11/11

Dubra 2-1 Silleda

O Silleda fai o ridículo na casa dos colistas
Mal partido o que se veu hoxe en Dubra.
O Silleda, non foi quen de adaptarse ao terreo de xogo de tan reducidas dimensións, de todos os xeitos, ese foi un mal menor en comparación coa escasa garra amosada.
O Dubra pola súa parte, aguantou ben o chaparrón, e á contra, dedicouse a crear perigo na área do Silleda.
O primeiro tempo foi para esquecer. Moito balón largo, moi pouco toque e a defensa do Dubra estivo todo o tempo levando os balóns de cabeza. Moi pouco traballo para os porteiros, xa que as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia.
Na segunda metade, o Silleda adiantouse e a partir de aí chegou a debacle. Mala marca nun córner, remate ao pau, e o segundo balón acaba nas mallas. Co empate, o Dubra viu as súas pilas recargadas e pouco despois, un balón solto dentro da área remátao o número 16, (saíu dende o banco e anotou os dous tantos do seu equipo), e acabou coas aspiracións do Silleda, que se amosou impotente vendo como os seus esforzos eran estériles, xa que ningunha das combinacións era a correcta para resolver o partido.
Ao final, derrota merecida do Silleda e premio de máis para o Dubra, que non fixo nada máis que defender. O resultado axeitado sería un empate a 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario