O SILLEDA PERDE UN INTENSO DERBIPartidazo o de esta tarde en Agolada. Moito fútbol e do bo, e para sorpresa de todos, o mellor do partido foi o Silleda, que neutralizou o toque do Lalín cunha presión abafante da que só na segunda metade deron saído en 3 ou 4 ocasións con xogadas iniciadas no centro do campo.
Adiantouse a SD Silleda rebasado o minuto 25 da primeira metade, á saída dun córner, a saída de Jose Luis cae en pés silledenses e remata en gol. O partido que en principio estaba sendo de tanteo pasaba a decantarse a prol dun Silleda que mereceu máis nos minutos seguintes.
Pouco durou a alegría dos trasdezanos, que poucos minutos despois, unha falta lateral mal defendida no primeiro pau cae, tamén no rexeite, en pés que non debían poñendo o 1-1 no marcador.
Con este resultado o Silleda gozou de dúas clarísimas ocasións, unha pena máxima desviada por Jose Luis e un man a man tamén atallado por este.
Así se chegaría ao descanso, o Lalín tivo apenas tres disparos que foron ben resoltos polo porteiro visitante, que non se viu en apuros maiores.
Na segunda metade monólogo silledense. Nos primeiros compases deste segundo periodo, o Lalín gozou da súa ocasión máis clara do partido, un disparo dende fóra da área, axustado á esquerda é rexeitado por Luis e no segundo balón aguanta outra vez e Recimil espeta o seu remate no porteiro.
A partir de aí, de todas as cores para o Silleda, que poucas veces finalizaba entre os tres paus a pesar de telas todas de cara.
O encontro empañouno o "mecánico", o árbitro do encontro cometeu un clamoroso erro ao expulsar, no minuto 83 a Martín, nunha entrada que ninguén protestou, foi un roubo de balón nobrísimo e dos máis limpos do partido.
Nesa falta, outra vez o Silleda defende mal e o remate a pracer do Lalín acabou no fondo da portería, 2-1 e escasos minutos por diante.
A nota negativa á marxe do erro arbitral foi a actitude dos xogadores do Lalín, ao non devolver un balón que o Silleda botara fóra para que Dalo puidera ser substituído.
Tamén Richi empañou a inmaculada imaxe dada polos dous equipos, entrando ao campo tras o segundo gol do Lalín e sendo expulsado tamén.
Un bo derbi o vivido en Agolada, moita sorte para o Lalín e sobre todo para nós, a ver se nos refacemos pronto, agora a pensar no encontro da semana que vén, o Cordeiro visita Outeiriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario