Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

9/11/11

Felicidades "Lucho"

O parapenaltis fáisenos maior de idade

Hoxe é un día moi especial para o noso porteiro Lucho, xa que cumple os 18 anos defendendo a portería do Silleda. 
Éste xogador destaca polo seu poderío físico, con unha boa planta (1.89 m), pola súa colocacíon, man a man, reflexos, e, sobre todo por ser un especialista detendo penaltis, xa que leva 2 detidos de 4 intentos. Pero non só sobresae nos partidos, xa que nos adestramentos é dos que máis ganas lle pon en cada tiro ou cada xogada na que ten que intervir.
Lucho non só xoga no equipo xuvenil, sinón que moi amiudo participa nos encontros do Silleda A como porteiro titular e encadeando moi boas actuacións, xa dende o día no que debutou, con só 16 anos na copa do deza contra o Gresande no que non encaixou ningún gol e gañaron por un resultado de 3-0. En categoría xuvenil tamén debutou cunha idade menor de 16 anos (idade na que se empeza a xogar nesta categoría), pero nesta ocasión defendendo as cores do Sporting Estrada.
Resumindo, un enorme porterio que ten un futuro moi prometedor por diante de seguir como ata o de agora.




Happy Birthday!

No hay comentarios:

Publicar un comentario