Á idade de 7 anos decidiu probar fortuna no mundo do fútbol, despois de que seu pai, Alvino, lle insistira en que o fixese. Como el mesmo explica na entrevista, entrou no Silleda porque era o seu pobo. O certo é que este xogador foise acoplando no lateral diestro das diferentes categorías do club ata a que na actualidade estea a formar parte do equipo xuvenil.
Orrea, como se lle coñece no equipo, non destaca nin pola súa altura, nin pola súa rapidez, características que suple cunha boa colocación, certo poder no vestiario, polivalencia, e sobre todo polo seu humor, xa que se leva moi ben con todo o equipo.
No seu ámbito positivo garda dúas ligas e unha final de copa, e no seu ámbito negativo unha grave lesión na que trillou os dedos da man ca porta do seu Ford Focus.
Pero si de algo presume Orrea, é de ter carnet de moto, xa que dende que sacou o práctico, non hai día que non valla adestrar sin a moto de seu pai, da cal xa caeu polo menos unha vez.
Buon Compleanno!

No hay comentarios:
Publicar un comentario