O Silleda perde por 1ª vez na casa
O choque comezou titubeante, ambos os conxuntos nos analizabamos, pero golpeamos primeiro nunha xogada de fútbol directo e vertical, 1-0 materializado por Manolo.
Lonxe de baixar os brazos, o Unión lanzouse ao ataque, e froito dunha das acometidas forzaron un penalti, falamos do minuto 10-15 de encontro.
Unha vez máis a cultura do penalti que temos en Silleda nos deu a razón, o penalti foi atallado e o Unión volvía a asoballar a nosa portería. Un par de xogadas despois, un pase entre liñas que non acerta a finalizar o dianteiro dos rivais só diante do porteiro, foi o punto de inflexión, aí o Unión percatouse de que a remontada era posible.
Un córner mal defendido pola cobertura, propiciou que o balón quedara solto na área e o atacante rematou a placer dende dentro da área pequena, 1-1.
Non demasiados minutos despois, o Silleda volveuse a adiantar cun disparo lonxano de Damián, que se cola na portería. Un auténtico golazo para poñer distancia a prol do Silleda unha vez máis.
Na segunda metade o encontro continuou do mesmo xeito, con ocasións para todos, pero nun córner novamente mal defendido, apareceu o número 2 do Unión para poñer as táboas de novo no marcador. 2-2.
Igor entrou no campo e escasos minutos despois, outro balón morto na área cáelle aos pés, e finaliza a placer poñendo terra de por medio de novo. 3-2 e 15 minutos de sufrimento.
No minuto 38, unha xenial xogada do dianteiro, (o número 2 de novo), revolvéndose na área plántao só ante a portería, buscou o pau longo e atinou a definir, 3-3 inesperado para ambos os conxuntos, que case daban o encontro por pechado.
No desconto, unha contra fulgurante levada polo Unión rematou nas mallas, 4-3 e dous minutos despois final.
Pechouse dese xeito un horrendo partido do Silleda en defensa, así como moi bo en ataque, pero bueno, toca mellorar unha vez máis e esperemos obter unha vitoria nesta seguinte xornada para chegar en boa forma ao derbi.

No hay comentarios:
Publicar un comentario