Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

6/12/11

Silleda 4-1 Cordeiro

O Silleda reponse da derrota no derbi

A pesar do que reflexa o resultado, o partido de hoxe non foi para nada tranquilo gracias a un home chamado Sarmiento, que quen o coñeza xa sabe o que pasou, e o que non teña o dubidoso placer de saber deste individuo, vouno poñer en antecedentes para cando escoite o seu nome.
A SD Silleda non tardou en poñerse por diante, así nos primeiros 20 minutos, o marcador xa reflexaba un 2-0 a favor dos locais, que a pesar de non dominar o xogo, aproveitoaron as súas ocasións por medio de Vilas primeiro, e Damián despois.
Nestes primeiros 20 minutos xa se deron as primeiras notas do que ía ser a arbitraxe, con infinitas faltas moi dubidosas e cartóns amarelos para dar e tomar.
Porén, chegouse ao medio tempo con este resultado, e sen grandes sobresaltos en ningunha das dúas áreas, aínda así, o encontro cambiou de xeito radical nos segundos 45 minutos.
O encontro comezaba tranquilo, e non tardou demasiado en aparecer a figura de Sarmiento, "chifre de pau", como algúns o coñecen.
17 foron as faltas mal pitadas, e innumerables os cartóns que amosou só aos xogadores cunha franxa vermella cruzando a camisola.
Vilas, preto do minuto 15 da segunda metade, aproveitouse dun erro do porteiro rival para poñer a pracer o 3º tanto da SD Silleda e case sentenzar o partido.
Ante a falta de ocasións rivais, Sarmiento encargouse de inventarse un penalti que só el fi quen de ver. O devandito penalti foi transformado, non sen suspense, e o 3-1 subía ao marcador.
Poucos minutos despois, Mingucho, cunha finalización maxistral por riba do porteiro puxo o 4-1 e a sentenza definitiva.
Cabe destacar que o Silleda acabou con 9 xogadores, a primeira expulsión nos primeiros 15 minutos da segunda metade, (moimoi dubidosa),(Manolo), e a segunda merecida, pero tamén rigorosa, cando xa estaba morrendo o encontro, (Alan).
A vida segue igual por Outeiriño, moita sorte para o Cordeiro, que recoñeceu a malísima actuación do trencilla e desputaron un encontro limpo e sen sobresaltos.
Esta fin de semana agárdanos un grandísimo encontro, o Silleda visita o campo de Figueroa para disputar o derbi rexional que enfrontará aos de Tabeirós Terra contra o conxunto de Trasdeza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario