- Canto tempo levas no Silleda? Levo 10 anos no Silleda
- Por qué viñeches para o Silleda? Porque era o clube que máis cerca me quedaba da casa, (jaja)
- En que posición soles xogar? Esta tempada estou xogando de pivote defensivo pero a miña posición natural é a de central
- Recomendarías o Silleda para xogar nel? Por qué? Si, claro que recomendaria o Silleda para xogar, porque somos unha piña
- Como valoras o quipo deste ano? Creo que temos un gran equipo e podemos chegar moi lonxe nas competicións
- Que ambiente hai no vestuario? O ambiente é fenomenal, todos nos levamos ben
- Que tal cos xuvenís de primeiro ano? Cos xuvenís de primeiro ano moi ben, son un máis do equipo
- Que opinas dos adestramentos? Os adestramentos ben, pero creo que teriamos que ensayar máis táctica
- Como definirias a forma de xogar que ten o Silleda? A nosa forma de xogar é estar xuntiños e saír á contra ainda que non renunciamos a tocar o balón
- Ganaches algun título importante ca camisola do Silleda? Ganei 2 ligas e varios torneos
- Tes algún mote no equipo? O meu apellido: "López"
- Un partido que desees xogar: Os partidos que máis deseo xogar é contra o Lalín porque é un derbi
- Tiveches algunha lesión? Grave? Non, nunca tiven lesións importantes
- A quen lle adicarías un gol? Á aficion que está todos os sábados nas gradas do Outeiriño
- Para ti que é o mellor do fútbol? E o peor? O mellor, disfrutar de xogar e intentar gañar e o peor, as pelexas que suele haber
- Que outros deportes practicas? Pois ping pong e póker
- De que equipo eres? Do Real Madrid
- Fai un pronóstico do que cres que fara este ano o Silleda na liga: Pois eu creo que imos estar entre os 5 primeiros e xogar a fase de ascenso
- A donde chegará o Silleda na copa? Na copa seguro que chegamos á final
- Mirando hacia diante, donde está o teu futuro? No silleda ou noutro equipo? O futuro nunca se sabe
- Defínete como xogador: Son un xogador de corte defensivo e destructor
- Por último, mandalle unha mensaxe á aficion: A miña mensaxe é que se achegen o Outeiriño os sábados para animarnos e darnos forzas e gracias a iso seguro que faremos unha gran tempada
Próxima entrevista: "Dalo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario