Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

12/10/11

Felicidades "DALO"

O día 13 de outubro de 1993 nacía en Silleda un rapaz ó que os seus pais lle poñerían como nome Daniel López González, pero o destino quixo que 18 anos máis tarde, ese rapaz fose o capitán dos xuvenís do S.D.Silleda, un lateral alto, forte e moi ben dotado fisicamente ao que todos os rivas lle teñen un gran respecto, e os que se lle acercan, como mínimo acaban colgando na valla. Este defensor leva 8 anos no Silleda, no que conseguiu cousas importantes, como gañar algunha que outra liga e ascender en categoría cadete a primeira autonómica. "Dalo", como lle chaman no seu equipo, destaca por ser un xogador que sempre está no seu sitio, que vai moi ben nos balóns aereos e que si ten que facer unha falta, faise, e que loxicamente cando ten que estar serio e concentrado non fai outra cousa que non sea eso, e cando hai que facer bromas, é o primeiro en apuntarse.
 UN GRAN FUTBOLISTA E MELLOR PERSOA
Cabe destacar que Dani xa é un fixo tamén nas convocatorias e alineacións do Silleda A, equipo co que xa foi facer a pretemporada a Sanxenxo e que milita na 3ª rexional.


FELICIDADES "DALO"



QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario