Benvidos ó blog da S.D.Silleda.

Os xogadores da S.D.Silleda Xuvenil e o corpo técnico danvos a benvida á súa páxina oficial na internet.
Neste recuncho poderán encontrar todo tipo de información acerca do equipo: empezando polos compoñentes do plantel ata a última hora, pasando polos horarios de adestramentos, convocatorias, crónicas dos partidos, os pichichis do equipo, etc etc.
Nesta páxina tamén poderán encontrar enquisas na marxe dereita nas que poderán votar todos os usuarios que queiran, pódense facer seguidores e deixar comentarios en cada nova publicada.
Todos os usuarios que o desexen poderánnos seguir por correo, só teñen que poñer a sua dirección de correo electrónico na parte inferior da páxina e activar a conta.

19/12/11

SD Silleda 2 - 0 Grixoa SD



Partido rácano o de hoxe en Outeiriño
Pouco fútbol de toque aínda que houbo un dono de principio a fin e o resultado foi xustísimo. O Silleda comezou abasallando a portería contraria a base de cogo directo e verticalidade, así, nunha galopada de Dalo pola esquerda subiu o primeiro tanto ao marcador, gran gol do que neste partido xogou de extremo esquerdo.
Hai que dicir que non resultaron mal os experimentos de Loco, que se adicou a repartir minutos entre os seus xogadores na tarde de onte.

O Grixoa poucas aparicións tivo en campo contrario, só creaban ocasións nos córners e nalgún disparo dende a distancia, sen poñer en problemas nin á defensa nin á portería dos locais.

Así as cousas o Silleda seguía dominando e tendo a posesión.
Ao descanso chegaríase con sensacións moi boas para os locais, ós que só lles faltaba un gol para tumbar ao Grixoa, incapaz de superar o entramado defensivo dos trasdezanos.
Ao pouco de comezar este segundo periodo, chegaría a ocasión máis clara para o cadro visitante, un rápido desborde na frontal da área deixa ao dianteiro só ante o porteiro local e non acerta a superar ao cancerbeiro, o marcador non se moveu.
Manolo pasou a ocupar a punta do ataque, e nun balón mal defendido pola zaga anticiparíase ao porteiro que errou no cálculo da saída e, a pesar de producirse un choque brutal entre eles, o balón rematou nas mallas visitantes, 2-0 e partido prácticamente finalizado.
Dende aquela ata o final o Silleda creou perigo pola banda esquerda, tendo xogadores frescos como Órrea, Damián e Jose Manuel, que saíron dende o banco, pero ao pitido final chegouse co 2-0.
Agora chégase ao parón cunha moi boa xeira de resultados e sobre todo desas sensacións perdidas de autoridade e control do xogo, que xa eran horas de ter de novo. Só 2 puntos nos separan da zona de ascenso e estamos a 7 da cabeza da liga, moito mellor panorama que o ano pasado. Agora a pensar no nadal e a adestrar ben para chegar ao encontro de Cacheiras sen sorpresas. Bo nadal e aninovo a todos, e beber con sentidiño!
:)

No hay comentarios:

Publicar un comentario