O positivo os tres puntos
Balón para o Sporting, ocasións para o Silleda.
Partido moi disputado o vivido hoxe en figueroa, con un único dono do balón, e outro equipo que fixo dano nas saídas rápidas co balón.
Os primeiros compases de partido foron de tanteo, cun sporting con moita posesión, pero sen ideas á hora de enlazar en 3/4 de campo. O tanto local chegou cedo, á saída cun córner cae o balón fóra da área, e Toño engancha unha volea cuxo rexeite acaba en pés de Martín que bate a pracer a portería do Silleda.
Este resultado deulle ás ó Sporting, que atacaba polas bandas pero sen demasiado éxito. Namentres, o Silleda xogaba á contra, con perigosos pases entre liñas que o árbitro se encargou de dilapidar a base de inexistentes fóras de xogo, ata 3.
Con este guión chegouse ao descanso.
Á volta do tempo de lecer, o partido rachouse, con pouco xogo combinativo e moito centrocampismo. O Sporting atacaba por oleadas pero sen demasiadas ideas na elaboración á hora dese derradeiro pase. O Silleda pola súa parte, aguantou as acometidas e levou perigo a base de galopadas á contra tras roubos rápidos no centro do campo.
Nunha destas saídas, Jose Manuel gañou as espaldas da defensa e Marcos Regueiro derrúbao dentro da área, penalti e expulsión, que pouca discusión tivo.
Jorge transformou sen problemas e a SD Silleda facíase co empate a falta de escasos minutos.
As dúas últimas ocasións foron para o Sporting por medio de sendas faltas laterais que non chegaron a crear demasiado perigo.
Así se chegou á fin do encontro, no que se cumpriu co guión que todos esperaban e o resultado foi xusto en base aos méritos que fixo cada un.
Moita sorte para o Sporting na súa visita a Valga para xogar contra o Cordeiro, así como para o Silleda, que recibe ao Grixoa en Outeiriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario